22 Nov Cultigar se suma a la campaña contra la violencia machista del Concello de Brión
Dende que se declarara o día 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra as Mulleres, véñense desenvolvendo campañas para concienciar á poboación sobre a realidade que sofren moitas mulleres. Con todo, as cifras anuais de agresión e asasinatos a mulleres seguen a resultar intolerables, e nos derradeiros anos hai que sumar tamén a outras vítimas directas, os menores, fillos e fillas das mulleres que sofren violencia.
Ante esta evidencia, o Concello de Brión súmase á crenza de que xa non é suficiente “informar á sociedade”, que está debe pasar a asumir un papel activo e protagonista, rexeitando esta situación intolerable, e amosando publicamente a solidariedade coas vítimas, e a tolerancia cero cos agresores.
No Comments